Axuda:Control de autoridades

This page is a translated version of the page Help:Authority control and the translation is 100% complete.
Cadro de control de autoridades de Wikidata en color (project version)
Cadro de control de autoridades de Wikidata en escala de grises(versión para imprimir)

Axuda sobre o control de autoridades

O seguinte é un borrador, unha estimación aproximada para crear un gráfico, unha páxina de axuda paso a paso para explicar a transferencia de datos de control de autoridade das páxinas de Wikipedia ós usuarios máis novos de Wikidata. Idealmente, isto podería ser texto de axuda ou outra solución máis elegante integrada na interface de usuario de Wikidata.

Mentres tanto, hai dous paneis que se poden utilizar

Prema nas imaxes á dereita para ir ás versións de Commons

Paso 1

Busca os datos relativos ó control de autoridades que sexan relevantes na entrada da Galipedia que vai ser transferida a Wikidata.

 


Paso 2

Comproba se o elemento xa está creado en Wikidata.

  • Fai unha busca por "elemento de Wikidata" na barra de menús lateral da entrada de Galipedia.
  • Busca un elemento de Wikidata que pode que exista pero que pode non estar ligado a unha páxina.

 

Paso 3

Vai a Wikidata e preme en "Crear un novo elemento".

 

Paso 4

Escribe a etiqueta, a descrición e o alias.

 

Paso 5

Agora tes que ligar o elemento de Wikidata coa entrada de Galipedia.

   

Paso 6

Preme en "+ engadir unha nova declaración" e escribe "VIAF".
Unha ventá emerxente debería suxerirche "identificador VIAF (VIAF) - identificador do Virtual International Authority File".
Preme nela e selecciona a suxestión, introduce os datos e preme "publicar".

     

para engadir o seguinte elemento

     

e así repetidamente.
Nota
  • É posible duplicar un elemento por erro; pero non te preocupes, porque hai procesos automatizados que marcarán estes duplicados para ser arranxados: Violacións de restricións
segue engadindo declaracións
  • p.ex., P31 ("é un/unha") => Q5 ("ser humano")

Paso 7

Volve á entrada orixinal da Galipedia e borra os datos do "control de autoridades" que acabas de incluír en Wikidata.

 

Agora só se verá {{Control de autoridades}}

 

Paso 8: resultado final