Wikidata:Advertencia xeral

This page is a translated version of the page Wikidata:General disclaimer and the translation is 87% complete.
Outdated translations are marked like this.

Note: This document was originally written in English. While we hope that subsequent translations of this document are accurate, in the event of any differences in meaning between the original English version and a translation, the original English version takes precedence.

O WIKIDATA NON GARANTE A EXACTITUDE DOS SEUS CONTIDOS

O Wikidata é un repositorio de datos colaborativo en liña e de contido aberto, isto é, unha asociación voluntaria de individuos e grupos que están a desenvolver un recurso común e aberto do coñecemento humano. A estrutura do proxecto permite que calquera cunha conexión á internet poida alterar o seu contido. Está avisado de que nada do que atope aquí tivo por que ser necesariamente revisado por profesionais ou expertos que lle garantan unha información fiable, precisa e completa.

Isto non quere dicir que non haxa información valiosa e precisa no Wikidata; encontraraa a meirande parte do tempo. Non obstante, o Wikidata non pode garantir a validez da información publicada aquí. O contido de calquera páxina que procure puido ser trocado, vandalizado ou alterado recentemente por alguén cuxa opinión non coincida co coñecemento aceptado nesa área concreta.

Ningunha revisión minuciosa

O Wikidata non ten un editor ou consello editorial que examine o contido antes de ser publicado. A nosa comunidade activa de editores usa ferramentas como Special:Recentchanges e Special:Newpages que axudan a facer un seguimento do novo contido e dos cambios que se producen. Malia todo isto, o Wikidata non está uniformemente revisado de xeito minucioso; namentres que os lectores poden corrixir os erros ou facer algunha revisión puntual, non teñen a obriga legal de facelo e, deste modo, a información lida aquí carece de ningunha garantía ou pode non axustarse a ningún propósito ou uso, o que sexa.

Ningún dos autores, colaboradores, patrocinadores, administradores, nin ninguén relacionado dalgún xeito co Wikidata pode ser responsabilizado pola aparición de calquera información inexacta ou difamatoria, ou polo uso que se faga das informacións contidas ou ligadas a partir das páxinas deste sitio.

Sen contrato; licenza limitada

Por favor, teña claro que a información subministrada aquí está sendo proporcionada de xeito libre, e que este tipo de acordo ou contrato faise entre vostede e os propietarios ou usuarios deste sitio, propietarios dos servidores nos que está aloxado, contribuíntes individuais do Wikidata, calquera administrador do proxecto ou calquera que estea de calquera xeito ligado con este proxecto ou con algún dos proxectos irmáns. A vostede garánteselle a licenza limitada de copiar calquera contido deste sitio; isto non implica ou crea ningunha ligazón contractual ou extracontractual por parte do Wikidata ou calquera dos seus axentes, membros, organizadores ou outros usuarios.

Non existe acordo ou entendemento entre vostede e o Wikidata respecto ao seu uso ou modificación desta información máis aló da licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0 (CC-BY-SA) e a Creative Commons dedicación ao dominio público (CC-0); nin ninguén no Wikidata é responsable dos cambios, edicións, modificacións ou eliminacións de ningunha información que vostede poida publicar no Wikidata ou en calquera dos seus proxectos asociados.

Xurisdición e legalidade do contido

A publicación de información no Wikidata pode supoñer unha violación das leis do país ou da xurisdición do lugar desde onde está vendo esta información. A base de datos do Wikidata está almacenada no estado de Florida nos Estados Unidos de América, e o seu funcionamento mantense respectando as lexislacións locais e federais. As leis do seu país ou xurisdición poden non protexer ou permitir o mesmo tipo de expresión ou distribución. O Wikidata non fomenta a vulneración de ningunha lei; e non pode ser responsable de ningunha violación de tales leis. Vostede pode ligar este dominio ou usar, reproducir ou volver publicar a información contida aquí.

Ningún consello profesional

Se necesita algún consello específico (por exemplo, médico, legal, financeiro ou xestión de riscos), por favor, busque un profesional licenciado ou competente nesa área.