Wikidata:Política de bloqueo

This page is a translated version of the page Wikidata:Blocking policy and the translation is 93% complete.
Outdated translations are marked like this.

Esta páxina contén a política de bloqueo do Wikidata. O bloqueo dunha conta de usuario ou un enderezo IP impide a esa conta ou ese enderezo IP editar o Wikidata mentres o bloqueo siga activo. Unha conta de usuario ou enderezo IP baixo bloqueo recibe o nome de usuario bloqueado.

Os administradores poden bloquear as contas de usuario ou os enderzos IP polas seguintes razóns:

Os usuarios ou enderezos IP non deben ser bloqueados unicamente polo seu comportamento ou accións noutros proxectos. Porén, se unha conta cun historial de abuso nun proxecto ou en varios proxectos mostra sinais de continuar o patrón no Wikidata, pode ser bloqueada aquí sen necesidade dun historial de abusos local.

O bloqueo non se deberá estender a tódalas contas de bot operadas polo mesmo usuario se este cumpre con todos os seguintes requisitos:

  • A conta principal de usuario non foi bloqueada indefinidamente.
  • A conta de bot está facendo só traballos autorizados.
  • Os motivos do bloqueo non teñen relación coas tarefas do bot.

Anímase aos editores a advertir e educar aos usuarios problemáticos; porén, a previa advertencia non é un requisito para que un administrador realize un bloqueo. Os administradores poden notificar o bloqueo aos usuarios co modelo {{Block}}, pero non teñen a obriga de facelo.

Se algún bloqueo o desbloqueo é controvertido, debe discutirse brevemente o curso de acción mediante o taboleiro dos administradores. Os administradores deben ter en conta calquiera consenso anterior con respecto ao bloqueo do usuario en cuestión e mais calquera política relativa ao bloqueo.

Solicitar un bloqueo

Los usuarios pueden solicitar el bloqueo de una cuenta o dirección IP por cualquiera de los motivos anteriores en Wikidata:Administrators' noticeboard.