Help:Plurilingüe

This page is a translated version of the page Help:Multilingual and the translation is 81% complete.
Outdated translations are marked like this.

O Wikidata é un proxecto internacional e, por iso, plurilingüe. A lingua da interface por defecto é o inglés, pero a idea é que o proxecto sexa empregado por, e útil para, usuarios de todas as linguas soportadas pola internacionalización de MediaWiki.

Aspectos xerais

O software Wikidata está totalmente localizado como todos os proxectos de Wikimedia. Os usuarios poden definir o seu idioma preferido a través do menú Preferencias ou do Selector de Idioma Universal clicando no seguinte icono, achado na cabeceira de calquera páxina:  .

As políticas e directrices deben ser escritas en inglés primeiro e despois traducidas a outras linguas. A versión en inglés da política ou directriz é a versión autoritativa na cual deberán basearse as demáis versións. Poden facerse traducións coa extensión de tradución. A documentación para a extensión de tradución tamén está dispoñible. Tamén podes deixar unha mensaxe en Wikidata:Translators' noticeboard se tes preguntas ou pedidos.

Contido do sitio

 
Selector de Lingua Universal   English

O contido de datos do Wikidata consiste en elementos e propiedades que son multilingües onde é necesario.

Elementos e propiedades

Para elementos e propiedades, as etiquetas, descricións e aliases son todas plurilingües, o que significa que poden amosarse aos usuarios e ser inseridas polos usuarios en calquera idioma soportado polo software.

Por defecto, os usuarios visualizarán, engadirán e editarán as etiquetas, descricións y aliases no seu idioma preferido. O idioma preferido será tamén o idioma por defecto ao crearen novos elementos.

 
Listaxe de etiquetas

Poden engadirse facilmente etiquetas, alias y descricións en múltiples idiomas de calquera destes dos xeitos:

  1. Usando o modelo #babel. Despois de establecer as túas competencias lingüísticas co modelo #babel (ver Help:Navigating Wikidata/User Options para información sobre como facer isto), as etiquetas, aliases y descricións para os teus idiomas aparecerán agora na sección «In more languages» da página do elemento ou propiedade. Podes editar todas ou calquera delas facendo clic na ligazón [edit] correspondente.
  2. Activando o trebello labelLister no teu menú Preferencias (ver Help:Navigating Wikidata/User Options para máis información sobre como activar os trebellos). Para usar o trebello labelLister nun elemento, fai clic na lapela «Lista de etiquetas» na esquina superior dereita da páxina do elemento (entre «Read» e «View history»). Despois de seleccionalo, verás unha xanela emerxente cunha lista de todas as etiquetas, descricións e aliases dispoñibles ordeada por código de idioma. Fai clic no botón [edit] da xanela emerxente para actualizar etiquetas, descricións e aliases para diferentes idiomas.

It is also possible to see how an item does appear in a specific language, for instance https://www.wikidata.org/wiki/Q10987?uselang=sv.

Declaracións

Nas declaracións (incluíndo referencias e cualificadores), polo xeral, os valores e propiedades non cómpren ser traducidas.

Cando se engaden elementos e propiedades ás declaracións, aparecerán automaticamente como suxestións baixo as etiquetas traducidas a calquera que sexa o idioma establecido para a páxina. Ao engadir unha propiedade ou un valor a una declaración, tal vez necesites inserir o identificador único (Q### o P###) dun elemento ou propiedade, no caso de que a etiqueta aínda non fora traducida ao idioma da páxina.

Ao engadir ficheiros de Wikimedia Commons como valores, o nome do ficheiro coincidirá co que segue a «File:» independentemente do idioma de entrada.
Por exemplo, para a declaración image (P18) → The_Earth_seen_from_Apollo_17.jpg The_Earth_seen_from_Apollo_17.jpg sempre aparecerá como o nome do ficheiro, aínda que estés editando en francés ou polaco.

Tamén son independentes do idioma os valores que son cadeas, como estándares externos, identificadores de bases de datos, ou códigos, por exemplo ISBN, números de patente, cores web e tripletes hexadecimais.

Ligazóns de sitios

 
Primeiro, o idioma principal

As ligazóns a sitios (ligazóns a Wikipedia e outras páxinas de Wikimedia) non son multilingües: amósanse e insírense igual que no sitio ligado.

O trebello Primeiro o idioma principal resalta as ligazóns a sitios no idioma establecido para a páxina e os ordena para apareceren na parte superior da lista. Este trebello debe activarse no menú Preferences. Para obter soporte en idiomas adicionais, selecciona a lapela «Editing» no menú de preferencias e engade «Assistant languages:» na sección «Translation options».

Páxinas especiais

  • A miña cadea de linguas de respaldo amosa a túa cadea de linguas de respaldo. A cadea alternativa refírese á forma sistemática de Wikidata de amosarte o contido cando non está dispoñible no teu idioma preferido. Para obter información sobre a súa configuración e efecto, consulta Axuda:Navigating Wikidata/Opcións de Usuario#Cadea de linguas de respaldo.
  • Buscar é un motor de busca plurilingüe que che permite buscar elementos, propiedades ou páxinas en calquera idioma.
  • Item by title é para buscar elementos polos seus títulos de páxina nun sitio Wikimedia. Só se buscarán elementos no idioma seleccionado do sitio Wikimedia especificado; o título debe ser exactamente igual ao valor de busca introducido.
  • As páxinas especiais coma Special:AllPages que xeran listas de elementos e/ou propiedades, amosarán etiquetas segundo a cadea de linguas de respaldo e mais identificadores (Q### para elementos, P### para propiedades). Se non existen etiquetas para ningún dos idiomas na túa cadea de linguas de respaldo, só se amosará o identificador.

Elementos e propiedades sen tradución

Como se mencionou anteriormente, os elementos e as propiedades sen etiquetas no teu idioma preferido amosaranse utilizando etiquetas doutros idiomas na túa cadea de idiomas de respaldo, ou só como identificadores (Q### o P###) cando non exista ningunha etiqueta en ningún dos teus idiomas. Por favor, séntete libre de engadir unha tradución de etiquetas (y descricións) nestes casos, pero asegúrate de que a tradución sexa correcta.

Entities without label pode utilizarse como ferramenta para atopar artigos e propiedades que non teñen etiqueta nunha lingua dada.

Translating software

The MediaWiki and the Wikibase software can be translated via translatewiki.net.

Furthermore several other tools can be translated via the Tool Translate website from Magnus Manske.

Véxase tamén

Para páxinas de axuda relacionadas, ve:

Para obter información e orientación adicional, véxase:

  • Project chat, for discussing all and any aspects of Wikidata
  • Wikidata:Glossary, the glossary of terms used in this and other Help pages
  • Help:FAQ, frequently asked questions asked and answered by the Wikidata community
  • Help:Contents, the Help portal featuring all the documentation available for Wikidata