Wikidata:Glosario

This page is a translated version of the page Wikidata:Glossary and the translation is 99% complete.
Other languages:
Afrikaans • ‎Bahasa Indonesia • ‎Bahasa Melayu • ‎British English • ‎Chi-Chewa • ‎Deutsch • ‎English • ‎Esperanto • ‎Frysk • ‎Igbo • ‎Ilokano • ‎Kiswahili • ‎Latina • ‎Lëtzebuergesch • ‎Nederlands • ‎Ripoarisch • ‎Scots • ‎Tiếng Việt • ‎Türkçe • ‎Zazaki • ‎azərbaycanca • ‎bosanski • ‎català • ‎corsu • ‎dansk • ‎dolnoserbski • ‎español • ‎euskara • ‎français • ‎galego • ‎hornjoserbsce • ‎interlingua • ‎italiano • ‎latviešu • ‎lietuvių • ‎magyar • ‎norsk bokmål • ‎norsk nynorsk • ‎occitan • ‎polski • ‎português • ‎português do Brasil • ‎română • ‎srpskohrvatski / српскохрватски • ‎suomi • ‎svenska • ‎íslenska • ‎čeština • ‎ślůnski • ‎Ελληνικά • ‎беларуская • ‎беларуская (тарашкевіца)‎ • ‎български • ‎македонски • ‎русский • ‎српски (ћирилица)‎ • ‎српски / srpski • ‎тоҷикӣ • ‎українська • ‎հայերեն • ‎ייִדיש • ‎עברית • ‎العربية • ‎فارسی • ‎پښتو • ‎नेपाली • ‎हिन्दी • ‎বাংলা • ‎ਪੰਜਾਬੀ • ‎ગુજરાતી • ‎தமிழ் • ‎తెలుగు • ‎മലയാളം • ‎ไทย • ‎ქართული • ‎አማርኛ • ‎中文 • ‎中文(中国大陆)‎ • ‎中文(简体)‎ • ‎中文(繁體)‎ • ‎日本語 • ‎한국어

Elementos dunha declaración, usando o elemento Q42

Este glosario define conceptos importantes de Wikidata e fai referencia a información máis detallada. Véxase Wikidata:Introdución para unha introdución xeral a Wikidata e a guía do glosario para saber como escribir e mellorar as entradas do glosario.

Glosario
Alias (ou tamén coñecido como) é un nome alternativo para un elemento ou propiedade. O nome habitual ou máis importante é a etiqueta. Os alias axúdannos a atopar un elemento mesmo se non o buscamos pola etiqueta. Por exemplo, o elemento Q2 ten "Terra" como etiqueta e outros alias como “Tellus” e “Planeta Azul”.
Help:Aliases
ArticlePlaceholder (marcador da posición dun artigo) é unha extensión para amosar esbozos e empezar artigos novos en Wikipedia baseados nunha vista (ou volcado) de elementos de Wikidata. Véxase mw:Extension:ArticlePlaceholder.
Badges son marcadores opcionais que poden estar suxeitos a un sitelink. Por exemplo un sitelink pode ser marcado para vincular un "artigo destacado" e/ou unha páxina "proofread".
Help:Badges
Elemento de categoría, elemento de modeloti e elemento de módulo son elementos Wikidata con ligazóns de sitio a categorías (de Wikipedia), modelos ou módulos, respectivamente. Esta é a súa función principal (e ás veces a única). En xeral, cando é borrada a última ligazón de sitio, bórranse estes elementos (véxase Wikidata:Database reports/to delete).
Aclaración é unha peza de datos sobre a entidade en cuxa páxina aparece a aclaración. Unha aclaración consiste nunha propiedade (como location (P276)) e un valor (por exemplo, Germany (Q183)) ou un dos casos especiais como "sen valor" ou "valor descoñecido". Unha aclaración pode ter cualificadores, como cualificadores temporais indicando que a aclaración é válida dentro dun marco temporal específico. Comparada cos tripletes usados no modelo de datos RDF, unha aclaración usa unha propiedade para expresar o predicado dun triplete e un valor para expresar o obxecto dun triplete. As afirmacións forman parte dunha declaración nas páxinas de elementos, onde poden ser aumentadas con referencias e rangos; tamén poden aparecer en páxinas de datos que non sexan elementos.
Commons (ou Wikimedia Commons) é un proxecto Wikimedia para almacenar imaxes, audio, vídeo e outros arquivos. Wikibase inclúe tres tipos de datos diferentes para crear ligazóns de Wikidata a arquivos multimedia, formas xeométricas e datos tabulares. Commons está a engadir declaracións a arquivos como mediaentities.
A completitude é unha avaliación dos datos dispoñibles e a información que cubren. En Wikidata a presencia dun elemento ou declaración non implica que todos os elementos ou declaracións similares estean presentes. Wikibase non posúe ningún medidor de completitude. Pódense usar as propiedades de cantidade para comparar declaracións ou elementos dispoñibles. Serva como exemplo: o elemento sobre estados dos EE.UU. ten unha declaración con cantidade 50. Pode compararse este número co número de usos do elemento. Algunhas ferramentas intentan medir a completitude. Ata certo punto, o suxeridor de propiedades e as restricións suxeridas indican que pasos faltan para completar un elemento dado.
Unha restrición complexa (ou restrición personalizada) é unha restrición definida por unha consulta SPARQL arbitraria nun modelo nunha páxina de discusión de propiedade.
Template:Complex constraint
Unha confusión de entidades (ou simplemente confusión) é un tipo de erro, normalmente nun elemento, no que se mesturan aspectos de conceptos diferentes. Por exemplo, un elemento coa data de nacemento dunha persoa e o oficio doutra persoa co mesmo nome.
Help:Conflation of two people
Unha restrición é unha regra que indica como debería ser utilizada unha propiedade particular. Por exemplo, á maioría dos identificadores, que debería ter un único valor, aplícaselles unha restrición de valor único. Hai unha clase especial de restricións chamada restricións complexas.
Help:Constraints
Un informe de restricións pode referirse a unha serie de páxinas actualizadas periodicamente para cada propiedade baseándose en restricións ou a unha páxina especial para un elemento individual ou outra entidade.
Wikidata:Database_reports/Constraint_violations
Cradle é unha ferramenta de edición para crear elementos Wikidata, baseada nun formulario con propiedades e valores predefinidos.
Wikidata:Cradle
Tipo de dato (ou propertyType) é un atributo dunha propiedade que especifica o tipo e forma do valor en cada afirmación. A cada propiedade élle asignada un tipo de dato predefinido, o cal normalmente non pode ser cambiado. Non todos os valores poden ser vinculados, xa que hai tipos de datos non existentes. Os tipos de datos só poden ser definidos polos desenvolvedores, e o desenvolvemento de novo tipos de datos aínda está en progreso. Véxase tamén Special:ListDatatypes para os tipos de datos actualmente dispoñibles. O tipo de datos non especifica directamente cómo se gravan internamente os valores; isto ven dado polo tipo de valor.
Help:Data type
Data (o tempo o timeValue) é un tipo de dato para valores de propiedade. Permite inserir datas con diferente precisión e facer cálculos con datas en buscas. O sistema non admite resolucións dunha hora nin dun minuto. A propiedade de Wikidata para a data de fundación ten este tipo de valor.
Help:Dates
Descrición é unha frase nunha lingua específica que describe un elemento, propiedade ou busca. Proporciona contexto para a etiqueta (por exemplo, existen moitos elementos sobre lugares coa etiqueta "Cambridge"). Unha descrición non necesita ser única nunha lingua concreta nin en Wikidata en xeral, pero a combinación de etiqueta e descrición si debe ser única. Esta unicidade do par etiqueta-descrición é mantida estrictamente. Se a contribución non segue estas pautas, non poderán gardarse os cambios. É un tipo de término.
Help:Description
Un elemento de desambiguación é un elemento Wikidata no que os enlaces a sitios diríxense a páxinas de desambiguación. Non ten ningún outro propósito. En xeral, contén unha afirmación con instance of (P31)=Wikimedia disambiguation page (Q4167410).
Wikidata:WikiProject Disambiguation pages
Un duplicado é unha entidade, xeralmente un elemento, que trata o mesmo concepto que outra entidade/elemento. Normalmente, os duplicados fusiónanse creando unha entidade redirectora. Tipos especiais de duplicados son os duplicados temporais, duplicados permanentes, e verdadeiros duplicados.
Unha interface de edición é unha vista que che permite engadir ou modificar datos. Son interfaces de edición: a vista por defecto, a interface de datos estruturados de Commons, a ponte Wikidata, e unha serie de ferramentas baseadas na API, entre as que destacan QuickStatements, Cradle, PetScan, OpenRefine e a framework pyBot.
Entidade é o contido dunha páxina de Wikidata, como un elemento (no espazo de nomes principal), propiedade (no espazo de nomes das propiedades) ou lexema (no espazo de nome dos lexemas). Cada entidade é identificada de forma unívoca por un identificador de identidade, que é un número prefixado, por exemplo comezando co prefixo Q para un elemento e P para unha propiedade. Unha entidade está tamén identificada por unha combinación única de etiqueta e descrición en cada lingua. Unha entidade pode ter alias (similares a sinónimos) en múltiples linguas. Cada entidade ten tamén un URI referenciable que segue o patrón http://www.wikidata.org/entity/ID onde ID é o seu identificador de entidade.

Outras extensións poden definir novos tipos de entidades. Por exemplo:

O selector de entidades permite escoller unha entidade dunha selección xerada ao escribir parte do seu nome. Baséase na etiqueta e os aliases. Normalmente amósase a descrición. Por exemplo: escribe «humano» para escoller Q1156970 de entre «ser humano (Q5) individuo da especie Homo sapiens», «humanidade (Q1156970) conxunto total dos seres humanos», etc. Isto é diferente do suxeridor de propiedades.
Help:Suggesters and selectors
EntitySchema é un tipo especial de páxina de Wikidata que contén un documento en formato ShEx, e relaciona metadatos. Se ben pode ter etiquetas, descricións e alias similares a elementos, non é un tipo de entidade, nin está soportado por Wikibase. As entidades poden ser confrontadas a un EntitySchema utilizando esta ferramenta.
Identificador externo. Algunhas propiedades teñen valores que son caracteres usados nas bases de datos de organizacións externas. Son identificadores únicos para un elemento (a pesar de que a univocidade non está aplicada por software, senón controlada por restrición). Por exemplo, un ISBN para un libro ou a parte única do URL dun filme, ou unha actriz en Internet Movie Database.
Unha consulta federada é unha consulta a través dun servizo dispoñible no Servidor de Consultas que permite acceder a outras bases de datos diferentes a Wikidata.
Wikidata:SPARQL federation input
Forma refírese a cadeas de caracteres específicas que ocorren nos diferentes contextos gramaticais para un lexema. As formas identifícanse en cada lexema polo identificador de Lexema seguido dun guión, a letra F e un número. As formas poden ter declaracións ao igual que outras entidades; tamén se lles asignan «trazos gramaticais» como «plural» para a Forma L1298-F2 («forms»).
Wikidata:Lexicographical data/Glossary
A información histórica inclúese cualificándoa cunha data. Se a información deixa de ser actual, engádense cualificadores de data en lugar de sobrescribir as declaracións. A información histórica é diferente da información incorrecta
Ser humano (ou instancia de ser humano) é un elemento Wikidata sobre unha persoa ou un individuo. Ten unha afirmación coa forma instance of (P31)=human (Q5).
Información incorrecta é toda afirmación que, malia estar apoiada por unha referencia, considérase xeralmente inválida ou inexacta. Wikipedia adoita excluír esta información, pero poden marcarse estas declaracións incorrectas usando o rango obsoleto. Isto evita que despois de borrala, volva a engadirse como se fose información correcta. A información incorrecta é diferente da información histórica.
Instancia, subclase ou parte (también clase o tipo) son termos usados en Wikidata para referirse a Propiedad:P31, Propiedad:P279, Propiedad:P527 e outras poucas propiedades relacionadas, ademáis dos seu valores e os elementos que as utilizan.
Help:Basic membership properties
Elemento representa un obxecto do mundo real, un concepto ou un evento que recibe un identificador (o equivalente a un nome) en Wikidata xunto con información sobre el. Cada elemento ten unha páxina wiki correspondente noespazo de nome principal de Wikidata. Os elementos son identificados por un id prefixado (como Q5), ou por unha ligazón a unha páxina externa, ou por unha combinación única de etiqueta e descrición multilingüe. Os elementos tamén poden ter alias para facilitar as procuras. A parte principal do dato dun elemento é a lista de declaracións sobre o elemento. Un elemento pode ser visto como o parte subxectiva dun triplete en datos vinculados.
Help:Items
Identificador de elemento: véxase QID más abaixo.
Etiqueta (tamén chamada nome) é o nome principal dado para identificar unha entidade (p.ex. un elemento ou unha propiedade). Así, o elemento co identificador Q7378 ten a etiqueta “elefante”. Cada entidade ten exactamente unha etiqueta nunha lingua humana dada. As etiquetas non necesitan ser únicas. As descricións e os alias adoitan distinguir entre entidades coa mesma etiqueta. As páxinas de Wikidata non teñen etiquetas, senón títulos. É un tipo de termo.
Help:Labels
Lag (ou retardo) da base de datos en Wikidata é o tempo que demoran en actualizarse estes noutros proxectos ou no Servidor de Consultas.
Atributos de lingua son as etiquetas, alias e descricións asignadas aos elementos, propiedades e consultas. Son textos lexibles por humanos orientados a mellorar a comprensión do alcance do elemento; por exemplo o tipo específico de entidade do mundo real. Se faltan algúns deles poden ser substituídos por textos de linguas alternativas, seguindo as cadeas de fallos informáticos.
Un código de idioma é o identificador do idioma dunha etiqueta, descrición, alias, ou valor de texto monolingüe. Os códigos de idioma para etiquetas, descricións e aliases son compartidos con outros proxectos Wikimedia. Hai máis códigos para texto monolingüe definidos para Wikidata en particular. Os lexemas usan algúns destes e/ou outros códigos ou elementos adicionais para identificar o idioma en lemas, glosas, e formas. Tamén se asigna un código de idioma ás ligazóns de sitio. Os códigos están baseados principalmente nos códigos de idioma IETF.
Help:Monolingual text languages
Cadeas lingüísticas (elos de lingua) son métodos que permiten substituír de forma sistemática os atributos de lingua aínda sen crear por aqueles que existen noutras linguas. As regras exactas de substitución poden ser elixidas segundo o tipo de páxina, ou segundo as preferencias lingüísticas que escolleu cada usuario.
Lexema é unha entidade de datos lexicográficos. Contén subentradas para acepcións e formas, pero non ten ligazóns a sitios. En lugar de etiqueta, alias e descrición, as entidades de lexema teñen un ou máis lemas, idioma e categoría léxica.
Wikidata:Lexicographical data/Glossary
LID (ou número L). O identificador dunha entidade de lexema en Wikidata, formado da letra L seguida dun ou máis díxitos.
Listeria (ou lista Wikidata) é unha ferramenta para crear ou ver datos de Wikidata en forma de lista en proxectos Wikimedia. Os datos son actualizados periodicamente por un bot.
Template:Wikidata list
O espazo principal é un dos espazos de nome nunha Wiki. A diferenza doutros espazos de nome, non ten un prefixo. En Wikidata, o espazo principal contén as páxinas cos elementos.
Help:Namespaces
MediaWiki' é o software que executa Wikidata, Wikipedia e outras Wikis. A instalación MediaWiki de Wikidata fai uso das extensións de Wikibase.
Que é MediaWiki
MediaInfo é un tipo de entidade usado para describir ficheiros. Está activado en Wikimedia Commons.
Metapáxina é toda aquela páxina que non é unha entidade, isto é, as que non pertencen aos nomes de espazo de datos. As metapáxinas de Wikidata teñen contido non estruturado representado por código MediaWiki convencional, e quizais no futuro teñan tamén código incluído desde os clientes. Exemplos de metapáxinas son as páxinas de conversa, páxinas de categoría, páxinas de proxecto (no espazo de nomes Wikidata) e páxinas de axuda (na espazo de nomes Help). As metapáxinas tamén inclúen contido e datos xerados de forma automática polo software MediaWiki, como o historial dunha páxina ou as páxinas especiais.
Elemento de nome é un elemento Wikidata sobre un nome de pila o apelido. Estes elementos úsanse como valores para given name (P735) o family name (P734) e poden incluír información adicional e ligazóns a sitios.
Wikidata:WikiProject Names
Os espazos de nome son unha clase de categoría para páxinas nunha wiki. Cada espazo de nome pode ter regras diferentes sobre as páxinas e o seu contido. En Wikidata, o espazo de nomes máis importante (ou espazo principal) é para os elementos Wikidata. O URL de tales paxinas remata nunha Q cun número, por exemplo Q7378 para “Elefante”. As páxinas noutros espazos de nome comezan co nome do espazo, o «prefixo»; por exemplo, as páxinas de axuda empezan por «Axuda»: Axuda:Contidos.
Help:Namespaces
Páxina: Unha páxina da Web interna ou externa cun título único, por exemplo un artigo no espazo de nomes principal da Wikipedia ou un elemento no espazo de nomes principal de Wikidata. En Wikidata, o termo «páxina» pode referirse á páxina dun elemento ou a dunha propiedade nos espazos denomes dos datos, unha páxina meta noutros espazos de nomes ou a unha páxina enlazada externa en Wikipedia ou noutro sitio (de Wikimedia ou non), á cal se fai referencia mediante unha ligazón de sitio. As páxinas do espazo de nomes principal de Wikidata son sobre elementos, e cada páxina só pode conter un elemento.
Proyecto é un termo usado con frecuencia no movemento Wikimedia para referirse a unha wiki de Wikimedia. En Wikidata, o termo adoita utilizarse para a propia Wikidata.
Propiedade (tamén atributo) é o descritor para o valor dunha declaración. Pode pensarse nunha propiedade como unha categoría de datos, por exemplo «cor» para o valor «azul». As propiedades, cando son ligadas a valores, forman unha declaración en Wikidata. As propiedades tamén son utilizadas en cualificativos. As propiedades teñen as súas páxinas en Wikidata e están conectadas a elementos, resultando asi nunha estrutura de datos interconectados.
Help:Properties
O suxeridor de propiedades prové unha preselección de propiedades ao engadir declaracións a elementos Wikidata. Esta preselección baséase na frecuencia de uso das propiedades en elementos similares. Por exemplo: para un elemento que só contén instance of (P31)=human (Q5), poderían suxerirse sex or gender (P21), occupation (P106), date of birth (P569). Estas non serán sempre axeitadas para o elemento en cuestión. Este mecanismo é diferente ao selector de entidades e ás restricións suxeridas.
Help:Suggesters and selectors
A orde das declaracións ven xeralmente determinada pola vista usada e non é significativa. Moitas vistas presentan en primeiro lugar os primeiros datos recibidos ou rexistrados. Algunhas vistas ordenan ou permiten ordenar as declaracións segundo o valor do cualificador, valor da declaración, propiedade ou tipo de datos.
QID (ou número Q) é o identificador único dun elemento en Wikidata, sendo constituído pola letra Q seguida dun ou máis díxitos. Úsase para axudar a persoas e máquinas a diferenciar elementos con nomes idénticos ou similares. Por exemplo, hai moitos lugares no mundo chamados «A Lameira» e moitas persoas chamadas «Uxía Gómez». Ese número aparece ao lado do nome, na cabeceira de cada páxina de elemento Wikidata.
Cualificador é unha parte da afirmación que di algo acerca da afirmación específica, a miúdo de forma descritiva. Un cualificador pode ser un termo de acordo a un vocabulario específico, aínda que tamén pode ser unha variante de frase descritiva (se eses termos ou frases son texto libre o parte dalgún vocabulario é algo que probablemente dependa da comunidade de Wikidata).
Help:Qualifiers
Cantidade (incorrectamente número) é un tipo de datos para valores de propiedade. Permite introducir enteiros ou números decimais. Opcionalmente pódese incluír tamén unha unidade ou un límite. A propiedade Wikidata para poboación ten este tipo de valor. Os identificadores numéricos non son cantidades, senón identificadores externos.
Help:Data type#Quantity
Unha consulta é unha busca entre elementos de Wikidata e os seus datos asociados. As consultas adoitan executarse no Servizo de Consultas de Wikidata utilizando a linguaxe de consultas SPARQL.
Wikidata:SPARQL query service/Wikidata Query Help
QuickStatements (QS) é unha ferramenta externa que pode editar elementos Wikidata e baséase nun conxunto sinxelo de comandos de texto. Esta ferramenta pode engadir e borrar declaracións, etiquetas, descricións, e aliases, ademáis de engadir declaracións con cualificadores e fontes opcionais.
Help:QuickStatements
Rango é un parámetro de selección utilizado para a selección simple ou filtrado nos casos onde hai moitas declaracións para unha propiedade concreta. Nestes casos pode que interese indicar se algunha declaración é máis importante ou relevante ca outra. Por defecto unha declaración leva sempre o indicativo de "normal", pero pódela cambiar a "privilexiado" ou "obsoleto".
Help:Ranking
Entidade redirectora (ou redirección) é un elemento ou lexema que redirixe a outro elemento ou lexema (o obxectivo). Como en moitas consultas cómpre solicitar cada obxectivo por separado, normalmente un bot remplaza todas as redireccións usadas como valores co seu obxectivo.
Help:Redirects
As referencias (ou fontes) describen a orixe dunha afirmación en Wikidata. Unha referencia pode ser unha ligazón a un URL ou un elemento de seu, por exemplo, un elemento acerca dun libro. Wikidata non ten como obxectivo establecer se unha afirmación é correcta, senón que se limita a indicar que unha afirmación dada aparece nunha referencia. Úsase ás veces «fonte» para describir unha referencia, e outras para describir a orixe dunha declaración.
Help:Sources
Reutilizar é cambiar a definición ou a especificidad dunha entidade, xeralmente un elemento, editando as súas declaracións, etiqueta e/ou descrición. Xeralmente, debe evitarse.
Sandbox or sandbox items are series of items, properties and other entities at Wikidata to test features within the Wikidata live database. Samples: item Q4115189, Property:P369, EntitySchema:E123, Lexeme:L123.
Acepción (ou sentido) refírese a un significado concreto dun lexema. As acepcións identifícanse en cada lexema polo identificador de Lexema seguido dun guión, a letra S e un número. As acepcións poden ter declaracións ao igual que outras entidades. Tamén permiten unha «glosa»: unha descrición textual do significado (unha por idioma).
Wikidata:Lexicographical data/Glossary
Sitio é unha referencia a un sitio web externo en xeral, pero as ligazóns de sitio refírense aos wikis rexistrados; por exemplo, unha versión de Wikipedia nun idioma. Estes sitios están referenciados por identificadores globais de sitio ou siteid para abreviar, tecnicamente correspondente ao nome da base de datos do wiki. Por exemplo, o siteid da Wikipedia en latín é lawiki. Cada páxina externa pode ter só unha ligazón rexistrada en Wikidata e un elemento pode ter só unha ligazón cara cada sitio externo.
Ligazón a sitio (ou ligazón interlingual) é unha identificación dunha páxina ligada noutro sitio. Consiste nun identificador de sitio e un título, e son almacenados en elementos individuais en Wikidata. Son usados para identificar un elemento dun sitio externo, e mais como almacenamento central de ligazóns interwiki (interlinguales).
Help:Sitelinks
Xeralmente, as ligazóns a sitios entre edicións de Wikcionario non son dispostas por Wikidata, senón por outra función.
Wikidata:Wiktionary/Sitelinks
Snak é un termo técnico do software de Wikibase que os usuarios encontrarán máis probablemente cando acceden a Wikidata a través da API de MediaWiki. Refírese á combinación dunha propiedade e un valor ou un dos casos especiais «sen valor» e «valor descoñecido». Os snaks áchanse en afirmacións (estes chámanse «snaks principais») ou en cualificadores sendo parte de declaracións (estes chámanse «snaks cualificadores»). Por exemplo: na declaración «Emma Watson foi membro do elenco de Harry Potter e a pedra filosofal no papel interpretativo de Hermione Granger» hai un snak principal «foi membro do elenco de Harry Potter e a pedra filosofal» e un snak cualificador «no papel interpretativo de Hermione Granger».
Unha declaración é unha das partes dos datos sobre un elemento, recollido na páxina do elemento. Unha declaración consiste nunha afirmación (unha parella formada por unha propiedade e o seu valor correspondente, como «Lugar: Alemaña», xunto con cualificativos optativos), ampliada con referencias (que proporcionan a fonte de información para tal afirmación) e o parámetro rango (utilizado para distinguir entre moitas afirmacións que comparten a mesma propiedade; «normal», por defecto). Wikidata non tira conclusións sobre a veracidade das declaracións, senón que se limita a recollelas e expoñelas con referencia a unha fonte. A miúdo úsanse os termos «declaración» e «afirmación» indistantemente, pero técnicamente esta só se convertirá nunha declaración cando for engadida alomenos unha referencia.
Help:Statements
Cadea (o cadea de caracteres) é un termo xeral para unha secuencia de caracteres libremente escollidos e interpretada como texto (p. ex. «Hola»), en contraposición a un valor interpretado como número (3,14), unha ligazón a un elemento (p. ex. [[Q1234]]) ou un tipo de datos máis complexo (por exemplo, o conxunto {1,3,5,7}). Wikidata admite, por riba do tipo de dato cadena, textos particulares a cada lingua; «texto monolingüe» e «texto multilingüe» como valor dunha propiedade.
Suxeito, predicado e obxecto son termos usados ás veces para describir unha afirmación cando se considera á entidad, á propiedade e ao valor como un triplete.
Restrición suxerida é un tipo de restricións de propiedade que prové suxerencias para mellorar un elemento. Estas poden consistir en declaracións con máis propiedades que engadir.
O termo é unha parte da entidade, que inclúe etiqueta, descrición e alias. Os termos só poden ir en texto plano (é dicir, sen wikitexto).
Título é o nome dunha páxina. Cada páxina debe ter un título único en todo o wiki, xa que o título forma parte da URL da páxina. Por exemplo, só pode existir unha páxina co título «Douglas Adams» na Wikipedia en galego. En Wikidata un título é un identificador de elemento como Q42 o ben empeza cun prefixo de nome de espazo como Help:. Non se debe confundir o título da páxina coa etiqueta dun elemento ou propiedade Wikidata. Os elementos Wikidata están conectados a páxinas noutros wikis Wikimedia mediante ligazóns a sitios, que usan o título da páxina para identificar o recurso de xeito unívoco.
Unidade é un elemento Wikidata cun valor de cantidade. Son unidades frecuentes o metro e o EUR, pero calquera elemento pódese usar como unidade. Se a unidade posúe unha declaración con conversion to SI unit (P2370), usarase para normalizar as cantidades con esta unidade. Véxase mw:Wikibase/Indexing/RDF Dump Format#Normalized values.
Un valor (ou valor de dato) é a información almacenada en cada afirmación. Wikidata admite varios tipos de datos (como «elemento», «expresión matemática», «cantidade»). Cada propiedade determina o tipo de datos necesario para unha afirmación dada (p. ex., o valor nunha afirmación «lugar de nacemento» debe ser un «elemento»). É posible usar, en lugar dun valor normal, un dos casos especiais: «valor descoñecido» o «sen valor».
Help:Statements
Tipo de valor é o xeito no que se almacenan internamente os valores. Cada tipo de datos corresponde a un tipo de valor. Por exemplo, aínda que os identificadores externos, os ficheiros en Commons e as expresións matemáticas son tipos de datos diferentes, todos usan o tipo de valor «cadea de caracteres». Os valores dalgúns tipos de datos conteñen partes con diferentes tipos de valores cada unha. Por exemplo, unha cantidade contén catro partes: o valor numérico, a «unidade», o «límite superior» e o «límite inferior», dos cales os dous últimos son opcionais. A unidad é unha URL que apunta a un elemento Wikidata; as outras tres partes son cadeas de caracteres que conteñen números (non son números de coma flotante).
Vista é uno dos métodos para visualizar os datos ou acceder a eles. Ademais da vista por defecto, Wikibase ofrece vistas para dispositivos móbiles, RDF, y JSON. É posible acceder a través dunha API. Os datos en Wikidata son tamén visibles no Servidor de Consultas de Wikidata que ofrece varias vistas de resultados. Algunhas das vistas son vistas de edición, outras non. Entre as ferramentas e extensións que provén vistas personalizadas atópanse Reasonator, Article Placeholder, Listeria.
Wikidata:Data access
Wikidata:How to use data on Wikimedia projects
Wikidata:SPARQL query service/Wikidata Query Help/Result Views
Wikibase é o software detrás de Wikidata. Está formado por conxuntos de extensións de software MediaWiki. Grazas a estas extensións, Wikidata pode xestionar datos en elementos, propiedades e consultas e amosar estes datos.
Help:Wikibase
Wikidata é un proxecto Wikimedia que executa unha instancia de MediaWiki coas extensións de Wikibase. Permite aos editores e editoras de Wikidata introducir datos e navegar polas páxinas.
Wikidata:Introduction
O Servizo de Consultas de Wikidata (ou WDQS) é o servizo oficial para facer consultas en Wikidata usando a linguaxe de consultas SPARQL.
Wikidata:SPARQL query service/Wikidata Query Help
Wikimedia é o nome dun movemento baseado en persoas e organizacións. Wikidata está apoiado pola Fundación Wikimedia xunto con outros proxectos Wiki, como Wikipedia. O software Wikibase foi desenvolvido principalmente por Wikimedia Alemaña, un dos capítulos estatais de Wikimedia.
Help:Wikimedia
Unha wiki é unha páxina web que pode ser editada polas persoas que a visitan rapidamente. Wikipedia e Wikidata son wikis.
Help:Wiki

Glosarios relacionados