Wikidata:Introdución

This page is a translated version of the page Wikidata:Introduction and the translation is 84% complete.
Outdated translations are marked like this.

Wikidata é unha base de datos secundaria libre, colaborativa e multilingüe, que recolle datos estruturados para dar soporte a Wikipedia, Wikimedia Commons, as outras wikis do movemento Wikimedia, e a calquera persoa no mundo.

Que significa isto?

Vexamos os elementos clave en detalle:

  • Libre. Os datos do Wikidata están publicados baixo Creative Commons Dominio Público 1.0, que permite a reutilización dos datos en moitos outros sitios. Podes copiar, modificar, distribuír e presentar os datos, mesmo para fins comerciais, e todo isto sen pedir permiso.
  • Colaborativa. Os datos no Wikidata son introducidos e mantidos polos editores de Wikidata, que deciden sobre as regras de creación e xestión dos contidos. Tamén hai bots automatizados que introducen datos no Wikidata.
  • Plurilingüe. A edición, o consumo, a navegación e a reutilizacións dos datos é completamente plurilingüe. Os datos engadidos en calquera lingua están inmediatamente dispoñibles no resto de linguas. Editar en calquera lingua é posible e ademais recomendable.
  • Unha base de datos secundaria. O Wikidata non rexistra simplemente afirmacións, senón tamén as súas fontes e conexións a outras bases de datos. Isto reflicte a diversidade de coñecementos dispoñible e apoia a noción de verificabilidade.
  • Alberga datos estruturados. A diferenza da Wikimedia Commons, que recolle ficheiros multimedia, e as Wikipedias, que producen artigos enciclopédicos, o Wikidata ha albergar datos, de xeito estruturado. Isto permitirá un reemprego sinxelo deses datos por parte dos proxectos da Wikimedia e terceiras partes. Tamén permitirá aos ordenadores procesar e “comprender” dun modo doado estes datos.
  • Alimentar os proxectos da Wikimedia. O Wikidata alimenta a Wikipedia con ligazóns lingüísticas e caixas de información que sexan máis fáciles de manter. Isto ha reducir a carga de traballo na Wikipedia, á vez que aumenta a súa calidade. Ademais, as melloras e actualizacións nunha lingua están dispoñibles en todos os demais idiomas.
  • Alimentar moitos outos sitios. Calquera pode usar todo o Wikidata nun grande número de servizos diferentes.

Como funciona o Wikidata?

 
Este diagrama amósache os termos máis importantes que vas escoitar polo Wikidata.

Wikidata é un repositorio central ao que poden acceder por outros, as wikis mantidas pola Fundación Wikimedia entre eles. Os contidos cargados dinámicamente desde Wikidata non necesita ser mantido por separado en cada proxecto wiki. Por exemplo, as estatísticas, datas, lugares e outros datos comúns poden ser centralizados en Wikidata.

O repositorio Wikidata

 
Os elementos e os seus datos están interconectados.

O repositorio Wikidata consiste principalmente de Template:$elementos, cada un deles detallado mediante unha Template:$label, unha Special:MyLanguage/Help:Description e, probablemente, un ou máis Special:MyLanguage/Help:Aliases. As ligazóns de sitios conectan os artigos de todos os wikis clientes, e as declaracións describen características detalladas de cada elemento. Cada declaración consiste nunha propiedade e un valor: podes ligar elementos de persoas ao seu lugar de nacemento, á súa ocupación ou ao seu número correspondente nalgunha base de datos oficial, e tamén podes ligar un político ao seu partido. Podes engadir coordenadas xeográficas a cumes, edificios ou outros lugares, podes ligar un elemento sobre unha cidade á súa unidade administrativa inmediatamente superior, ligar un país ao seu máximo representante, ao seu himno nacional, etc. Toda esta información pode empregarse en calquera lingua para amosala no seu propio idioma, mesmo se toda a información foi obtida dunha lingua diferente. Aínda máis, ao traballaren con estes valores, os wikis clientes disporán sempre dos datos máis recentes.

As declaracións describen detalladamente as características dun elemento e consisten nunha propiedade e un valor. As propiedades en Wikidata levan unha P seguida dun número, como en educated at (P69).

No caso dunha persoa, podes engadir unha propiedade para especificar onde foi educada, especificando un valor para unha escola. No caso dun edificio, podes asignar propiedades de coordenadas xeográficas ao especificar os valores de lonxitude e latitude. As propiedades tamén poden ligar bases de datos externas. Unha propiedade que vincula un elemento a unha base de datos externa, como unha base de datos de control da autoridade utilizada por bibliotecas e arquivos, é coñecida como identificador. A páxina Sitelinks conecta un elemento co elemento correspondente noutros proxectos wiki, como Wikipedia, Wikilibros ou Wikicitas.

Toda esta información pode aparecer mostrada en calquera lingua, mesmo se o dato foi creado nunha lingua diferente. Cando se accede a estes valores, as wikis amosan o dato na lingua máis próxima.

Elementos Propiedades Valores
Q42 P69 Q691283
Douglas Adams educated at St John's College

Traballando con Wikidata

Hai varias formas para acceder a Wikidata utilizando ferramentas incorporadas, ferramentas externas ou interfaces de programación.

  • Wikidata Query e Reasonator son algunhas das ferramentas populares para consultar e buscar elementos en Wikidata. A páxina de ferramentas ten unha lista extensa de proxectos interesantes para explorar.
  • Os proxectos wiki ligados poden acceder aos dato para as páxinas que utilizan unha interface Lua Scribunto. Podes recuperar todos os datos de forma independente utilizando Wikidata API.

Como comezar

Algunhas ligazóns para comezar:

Como podo contribuír?

Adiante!, comeza a editar. Editar é o mellor xeito de aprender sobre a estrutura e os conceptos do Wikidata. Se queres comprender máis a fondo estes conceptos, podes botar unha ollada ás páxinas de axuda. Se tes algunha pregunta, non dubides en formulala na parola do proxecto ou contacta co equipo de desenvolvemento.

See also